InicioMedioambiente e PatrimonioVolve ser potable a auga de Guitiriz despois de varias semanas sen...

Volve ser potable a auga de Guitiriz despois de varias semanas sen poder consumila

A alcaldesa lembrou que "os veciños e veciñas afectados pola prohibición recibirán os descontos pertinentes na factura".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A auga da traída do núcleo urbano do municipio de Guitiriz volve ser potable, polo que se retirou a prohibición de consumo establecida hai unhas semanas polo alto nivel de ferro.

A alcaldesa desta localidade, Marisol Morandeira, anunciou que a última analítica recibida indica que a auga do núcleo urbano de Guitiriz “volve ser potable”, polo que se restablece o consumo normal de auga da traída.

A análise levada a cabo este xoves, 14 de novembro, polo laboratorio contratado polo Concello “reflicte unha baixada moi importante na concentración de ferro na auga, alcanzando uns parámetros de 383 mg/l cando os niveis permitidos pola Consellería de Sanidade para o seu consumo están entre 0 e 600 mg/l”, informou o Consistorio nun comunicado.

A rexedora explicou que o motivo desta baixada se debe a “unha suma de factores” como son “a modificación dos filtros de ferro xa instalados para que funcionasen máis veces, o lavado tanto destes filtros como dos normais e a abundante choiva caída nestas últimas semanas que fixo que suba o nivel de auga do pantano, baixando así a concentración de ferro”.

MODERNIZACIÓN

Morandeira avanzou a intención do goberno local de estudar “a viabilidade de levar a cabo un proxecto de modernización da estación potabilizadora, automatizando a fase de tratamento da auga”, xa que actualmente é manual e esixe un control continuo.

“O Concello continúa a facer todo o posible para darlle unha solución definitiva ao problema“, destaca o Consistorio. Así, lembra que recentemente finalizou a construción do bypass para que a auga non pase polo pantano, que pronto entrará en funcionamento e que se espera que contribúa “a eliminar dunha vez por todas este recorrente problema e poder ofrecer así aos veciños e veciñas de Guitiriz un servizo de auga de calidade durante todo o ano”, indicou a alcaldesa.

Por último, Marisol Morandeira lembrou que “os veciños e veciñas afectados pola prohibición do consumo da auga recibirán os descontos pertinentes na factura, para o que se indicará proximamente o procedemento correcto para xestionalo”.

ÚLTIMAS

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...

Excarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban

Un pai e o seu fillo, menor de idade, foron excarcerados en Palas de...

Detido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras dunha ONG

A Garda Civil detivo a un home, unha das persoas migrantes que acolle a localidade...

“Vas morrer hoxe”: xulgado por ameazar e agredir ao seu xefe

Un home acusado de varios delitos por atacar ao seu empregador cun coitelo e...