InicioMedioambiente e PatrimonioUU.AA. demanda atallar a praga de ratas que esnaquiza campos na montaña...

UU.AA. demanda atallar a praga de ratas que esnaquiza campos na montaña de Lugo

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, afeou á Xunta de Galicia que non tomase conciencia deste problema.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, demandou este martes en Lugo axudas para combater unha praga de ratas na montaña, sobre todo nos concellos de Triacastela e Pedrafita, que esnaquiza campos.

En rolda de prensa, García afeou á Xunta de Galicia que non tomase conciencia, a pesar de ser advertida na primavera, deste problema que noutras comunidades autónomas como Asturias, “non só se resolveu o problema para que non tivese incidencia na PAC, senón que se xerou unha axuda extraordinaria a aquelas persoas que tiveron estes danos”, indicou.

Polo seu lado, o responsable na comarca de Sarria de Unións Agrarias, Miguel Tomé, lembrou que a praga afecta “a Triacastela, e á parte limítrofe con ese municipio, como Pedrafita do Cebreiro, estendéndose ás zonas máis baixas de Cervantes e tamén Samos, en definitiva o que é a montaña de Lugo“.

Tomé, tras a resposta da Xunta que fala de topos e non de ratas, dixo que “dá igual”. “E imos aceptar que lles chamen ratas, topos, topitos ou tapitas, o que teñen que dar é unha solución ao problema”, reivindicou. “O que non son é animais de compañía”, apostilou García.

Tamén aludiu a que algún veterinario dixo que se trata dun “tema cíclico”. “Se é un tema cíclico, que temos que asumir como tal, alguén lles terá que explicar aos gandeiros da zona que cada x anos lles van dar unha axuda para que poidan sentar no seu sofá, non poidan cultivar as súas terras, non poder sacar o gando a pastorear porque van ter esas ratas e non lle van dar ningún tipo de solución”, sinalou Tomei.

Finalmente, Roberto García vaticinou que este se acabará convertendo nun problema que teñan que asumir os concellos, “como ocorreu coa avespa velutina ou cos xabarís e agora isto”. “Cando está a empezar (a praga) hai medios para poder facelo, pero, unha vez que se desborda, o custo é moi superior“, concluíu o secretario xeral de UU.AA..

ÚLTIMAS

Traballadoras da limpeza dea Lugo protestan ante o Parlamento pedindo a mediación da Xunta

Traballadores do sector da limpeza de Lugo trasladaron a súa protesta este martes ás...

Xaneiro, a data para poñer en marcha os servizos do centro integral de Saúde en Lugo

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña avanzou en sede parlamentaria a posta en...

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...