InicioMedioambiente e PatrimonioConvocan unha nova andaina para supervisar o "estado de saúde" do río...

Convocan unha nova andaina para supervisar o “estado de saúde” do río Miño

A plataforma Lugo de Cara ao Miño organiza o segundo dos paseos cos que se pretende inspeccionar a calidade das augas e a contorna fluvial. Será este mércores 31, ás 11 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Lugo de Cara ao Miño organiza unha nova andaina de custodia e recoñecemento do río e mais as súas ribeiras ao seu paso pola cidade. Desta volta, a cita está prevista para este mércores día 31.

A iniciativa, que se desenvolve por segunda semana consecutiva, terá como punto de encontro o restaurante Los Robles ás 11 da mañá. Na primeira andaina, o colectivo quixo centrarse na supervisión do “estado de saúde” do río na zona comprendida entre a Ponte Romana e a Fábrica da Luz. Na xornada de mañá, o paseo atinxirá a zona das Saamasas e a contorna do clube de piragüismo.

Serán dúas horas de paseo e contacto coa natureza ás que todo o mundo está convidado. A plataforma Lugo de Cara ao Miño cre que é unha boa opción para pasar unha mañá de verán diferente e, ao tempo, produtiva.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...