InicioMedioambiente e PatrimonioAndainas á beira do Miño para preservar o seu valor ambiental e...

Andainas á beira do Miño para preservar o seu valor ambiental e paisaxístico

A plataforma cidadá Lugo de Cara ao Miño organiza paseos semanalmente para facer un seguimento do estado da contorna fluvial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma cidadá Lugo de Cara ao Miño puxo en marcha unha nova iniciativa para a “custodia territorial” do río. Consistirá en realizar andainas de inspección ou recoñecemento dos valores paisaxísticos e ambientais do río ao longo de varios treitos na contorna da cidade. Polo momento estes paseos serán de carácter semanal e o primeiro deles estaba previsto para a mañá deste 22 de xullo.

Logo de que se fixeran talas en bosque de ribeira na zona comprendida entre o Clube de Piragüismo e Meilán, este colectivo quere darlle un novo pulo á concienciación cidadá respecto da preservación ambiental do Miño. O obxectivo é facer un seguimento temporal do río a todos os niveis: estado da vexetación das marxes e do bosque de ribeira, posibles puntos de vertido, calidade das augas, impactos urbanísticos ou garantía do dereito de servidume de paso.

As andainas están abertas á participación de calquera persoa e teñen unha duración aproximada de dúas horas. O primeiro destes paseos, o que tivo lugar hoxe, iniciouse ás once da mañá na Ponte Romana.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...