InicioMedioambiente e PatrimonioRestauran unha importante peza da parroquia de San Xosé das Gándaras

Restauran unha importante peza da parroquia de San Xosé das Gándaras

Trátase dunha talla de Cristo elaborada en marfil de cachalote con detalles en dourado. Os traballos xa finalizaron e os fregueses poden acudir a vela de novo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia vén de devolver unha talla de Cristo á parroquia de San Xosé das Gándaras.

A delicada peza, elaborada en marfil de cachalote con detalles dourados, foi intervida polos alumnos   centro que cursan a especialidade de escultura. O traballo desenvolveuse baixo a supervisión do profesor experto Antón Pereira Abonjo.

Os estudantes realizaron o estudo histórico artístico da peza, a análise do estado de conservación e a diagnose para, finalmente, levar a cabo as intervencións requiridas pola peza, que xa pode ser desfrutada de novo polos fregueses.

SOBRE A ESCOLA

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia é un centro oficial dependente da Xunta de Galicia e o único nesta comunidade que imparte o Título Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais, equivalente a todos os efectos ao Grao Universitario. Creada no ano 1991, a escola é o segundo centro máis antigo de España e, ademais de formar profesionais, colabora activamente na conservación do patrimonio da nosa Comunidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...