InicioAncaresO Camiño de Santiago, un xeito de recuperar as antigas aldeas dos...

O Camiño de Santiago, un xeito de recuperar as antigas aldeas dos Ancares

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou este luns o “compromiso” do Executivo central coa protección do patrimonio do Camiño de Santiago con novos investimentos de 2,1 millóns para rehabilitación na Catedral compostelá e obras no núcleo rural de Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

Nun comunicado de prensa, Losada fixo fincapé no “impulso” do patrimonio vinculado ao Camiño na edición deste luns do Boletín Oficial do Estado (BOE), que recolle senllos anuncios do Ministerio de Fomento que se inclúen no Programa de Rehabilitación do Patrimonio Histórico e que supoñen investimentos superiores aos 2,1 millóns de euros financiados integramente por este departamento.

PEDRAFITA

Así, o BOE publica o anuncio de adxudicación das obras de recuperación e posta en valor do núcleo rural tradicional de Fonfría mediante a redución do impacto visual de edificacións. Neste caso a adxudicación ascende a 596.114,75 euros, financiados na súa totalidade polo Ministerio de Fomento e cun prazo de execución de seis meses.

Estas obras inclúense no marco dun conxunto de actuacións que teñen como obxectivo principal a mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por dez municipios das provincias da Coruña e de Lugo.

Así, o Ministerio de Fomento convocou un concurso de proxectos con intervención de xurado para a selección do dez proxectos que completan o conxunto da intervención, financiado a redacción dos proxectos e a dirección facultativa das obras.

Nesta actuación executarase a pavimentación do Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo de Fonfría, levando a cabo o tratamento nas zonas de acceso ás edificacións adxacentes, o soterramento de instalacións de saneamento, abastecemento, electricidade, iluminación e telecomunicacións, así como a realización dunha nova instalación de iluminación máis acorde co carácter patrimonial do núcleo.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...