InicioLugo e contornaRábadeA II Edición da Concentración Motoclub Rábade Biker's contará coa colaboración do...

A II Edición da Concentración Motoclub Rábade Biker’s contará coa colaboración do Concello

O evento celebrarase os días 22 e 23 de agosto

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Rábade colabora un ano máis na celebración da segunda edición da Concentración Motoclub Rábade Biker’s, que terá lugar os días 22 e 23 de agosto. A alcaldesa, Remedios González, participou onte, xunto a membros da organización, na presentación do evento, que se desenvolverá en Rábade e incluirá rutas polos concellos de Cospeito e Friol.

A alcaldesa de Rábade, Remedios González, agradeceu ao Motoclub Rábade Biker’s o traballo e a implicación na organización desta iniciativa e destacou que este tipo de actividades contribúen a dinamizar a vila, favorecen a chegada de visitantes e permiten dar a coñecer Rábade entre os afeccionados ao motociclismo.

A concentración contará cun amplo programa de actividades dirixidas tanto aos participantes como ao público en xeral, con rutas en motocicleta, sesión vermú, exhibicións, xogos populares, actividades para a cativada, cea para os inscritos e música. Ademais, habilitarase unha zona de acampada cuberta con duchas, dispoñible desde o venres para facilitar a estancia dos asistentes.

A programación comezará o sábado 22 de agosto coa apertura e recollida de inscricións ás 9:30 horas. Ás 10:30 horas terá lugar unha ruta con parada no concello de Cospeito, onde se ofrecerá un petisco aos participantes. A xornada completarase coa sesión vermú, a pinchada para os asistentes, colchonetas gratuítas para os máis pequenos, xogos populares, unha exhibición de stunt a cargo de Balles & Pichu, a ruta en homenaxe aos motoristas falecidos, a cea para os inscritos e unha festa amenizada polo DJ Koki.

O domingo 23 de agosto abriranse de novo as inscricións e celebrarase unha segunda ruta, nesta ocasión con parada no Castro Friulio, no concello de Friol, onde tamén se ofrecerá un petisco. A programación continuará coa sesión vermú e rematará coa comida para os inscritos, o sorteo de agasallos e a entrega de trofeos.

A inscrición completa ten un custo de 50 euros, mentres que a modalidade dun só día é de 35 euros. As comidas estarán servidas por Restaurante Paco.

A concentración está organizada polo Motoclub Rábade Biker’s coa colaboración dos concellos de Rábade, Friol e Cospeito, ademais da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.

Na presentación estiveron, ademais da alcaldesa de Rábade, os alcaldes de Friol e Cospeito, José Ángel Santos e Armando Castosa, respectivamente; o director territorial da Consellería de Cultura en Lugo, Manuel Antonio Fernández Piñeiro, e o deputado provincial de Medio Ambiente, Carlos López.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...