InicioLugo e contornaRábadeRábade presenta as actividades de conciliación para o verán

Rábade presenta as actividades de conciliación para o verán

As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 16 anos e o prazo de inscrición desenvolverase do 4 ao 29 de maio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Rábade dá a coñecer o Programa Corresponsabilidade, que inclúe as distintas actividades organizadas para os meses de xuño, xullo e agosto co obxectivo de facilitar a conciliación das familias durante o período de vacacións escolares.

As propostas están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos. O prazo de inscrición desenvolverase do 4 ao 29 de maio. As solicitudes deberán formalizarse na área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade. As prazas son limitadas.

As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 390 062 (extensión 1) ou no enderezo electrónico asociocultural@rabade.org.

O programa inclúe as seguintes actividades:

Campus de patinaxe: cun custo de 30 euros, desenvolverase os días 22, 23, 25, 26 e 29 de xuño no pavillón municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos.

Campamento de verán: cun prezo de 40 euros, terá lugar do 6 ao 10 de xullo no Centro Sociocultural, en horario de 10:00 a 20:00 horas. Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Campamento urbano: cun custo de 70 euros, desenvolverase do 29 de xuño ao 31 de xullo no Centro Sociocultural, en horario de 9:00 a 14:30 horas. Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Mocidade en acción: cun prezo de 15 euros, inclúe actividades o 25 de xuño (visita ao Aquapark de Cerceda) e o 7 de xullo (actividades en Viveiro). Dirixido a mozos e mozas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

Aventuras Camp: cun custo de 40 euros, desenvolverase do 3 ao 14 de agosto no Centro Sociocultural, en horario de 9:00 a 14:30 horas. Dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. No caso de participar tamén no campamento urbano, o prezo conxunto será de 100 euros.

Coñecendo o Miño: actividade gratuíta que se desenvolverá do 1 de xullo ao 12 de agosto, os luns e mércores, en horario de 11:30 a 13:00 horas. Está dirixida a nenos e nenas de 8 a 16 anos.

As actividades desenvólvense en colaboración coa Xunta de Galicia e o Programa Corresponsables.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...