InicioLugo e contornaRábadeRábade prepara un programa de actividades para o 8M dirixidas a toda...

Rábade prepara un programa de actividades para o 8M dirixidas a toda a veciñanza

As actividades enmárcanse no programa Rábade en igualdade e están cofinanciadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Rábade presenta a súa programación para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con actividades dirixidas a toda a poboación.

O programa dará comezo o xoves 5 de marzo coa presentación ás 11:00 horas no Centro Sociocultural do xogo ‘Feminismos no tempo’. Trátase dun obradoiro para xogar e aprender feitos e mulleres relevantes da historia. Proponse unha actividade para a poboación en xeral (a partir dos 16 anos) para xogar, dialogar e reflexionar.

Ese mesmo día pola tarde haberá un contacontos para público familiar (+5) a partir das 18:00 horas no Centro Sociocultural. Baixo o título ‘A máquina do tempo das científicas’ viaxaremos ao pasado para coñecer mulleres extraordinarias.

Presentación dun libro

O xoves día 12 de marzo o Centro Sociocultural acollerá a presentación do libro ‘Alma de grilo’ de María García ás 19:00 horas, un acto pensado para o público xeral. A autora fará unha presentación teatralizada acompañada da guitarrista Icía Saavedra.

Por último, o luns 16 de marzo haberá obradoiros coeducativos no CEIP Otero Pedrayo de Rábade dirixidos ao alumnado de 3º e 4º de Primaria nos que se vai promover a reflexión sobre os estereotipos presentes nos medios e na vida diaria, fomentando unha mirada crítica e coeducativa.

As actividades enmárcanse no programa Rábade en igualdade e están cofinanciadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG actuará con “contundencia” en “función dos acontecementos” no caso Tomé

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, asegurou que a formación respecta o...

Un morto e tres feridos nun accidente de tráfico no Paseo do Rato de Lugo

Un grave accidente de tráfico ocorrido durante a madrugada deste xoves no Paseo do...

Mobilización veciñal en Cervantes para denunciar o peche do consultorio de Doiras

Veciños da localidade lucense de Cervantes concentráronse este xoves diante do centro de saúde...

Inaugurado o proxecto fotográfico “Facedoras de Lugo” no Museo Provincial de Lugo

O deputado Daniel García participou esta tarde na inauguración do proxecto fotográfico “Facedoras de...