InicioLugo e contornaPortomarínDous peregrinos contaxiados obrigan a un grupo de 50 a volver a...

Dous peregrinos contaxiados obrigan a un grupo de 50 a volver a Madrid

Os responsables do grupo decidiron, finalmente, cancelar a peregrinaxe e voltar a Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous positivos nun grupo de 52 peregrinos, detectados no municipio de Portomarín, obrigaron este luns pasado ao traslado de todo o grupo. Así, marcharon os contaxiados a Alcalá de Henares e pola noite o resto en dirección a Madrid.

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, relatou como “sobre as tres da tarde de onte (luns)” chamáronlle “as autoridades sanitarias dicindo que un grupo pechado, que é como se chama a estes grupos, que poden estar nos albergues máis aló do 30 por cento de ocupación, que hai dous positivos e que hai que confinalos“.

Os 52, veciños de Alcalá de Henares, viñan de facer a etapa desde Sarria. Seguidamente Serrano púxose en contacto co responsable do grupo. “Téntoo sacar da circulación porque estaban nun albergue privado e abrimos o albergue de emerxencia que temos preparado para isto e ás catro da tarde confínanse”, comentou.

Nun principio resólvese o traslado dun dos responsables destes peregrinos, “de mediana idade”, e os dous positivos ao seu “lugar de orixe, que é Alcalá de Henares, e o resto do grupo, que podería estar incubando a enfermidade, o que se fai é xestionar tamén o seu transporte e ás once da noite parten en autobús a Madrid”.

CAMIÑO “SEGURO”

A pesar deste brote, Serrano insiste en que o Camiño a Santiago é “seguro”. Tamén destacou a “importante” presenza de peregrinos en Portomarín, máis visible “polas tardes”.

Tanto é así que o alcalde asegurou que desde o mes pasado mantense unha ocupación do cento por cento de todas as prazas hoteleiras con que conta o concello, sobre 1.700.

Así mesmo, aclarou que aquí non se inclúen “casas privadas que se alugan”, á vez que lembra que nos albergues está limitada a súa capacidade a un trinta por cento cando non se trata de grupos “burbulla”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...