InicioLugo e contornaLugoLugo reforza o dispositivo de seguridade coa volta ao cole

Lugo reforza o dispositivo de seguridade coa volta ao cole

O concello lucense atenderá tamén outras demandas veciñais

PUBLICADA O

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presidiu unha nova reunión da Mesa de Seguridade Permanente, na que tamén participou José Luís Piñeiro, Inspector Principal da Policía Local, para abordar diferentes actuacións relacionadas coa seguridade e a prevención na cidade.
Entre os asuntos tratados, destaca o operativo especial de volta ao cole, que comezará mañá con presenza da Policía Local nos momentos de entrada e saída dos centros educativos. O dispositivo permitirá reforzar a regulación do tráfico e a seguridade nas inmediacións dos colexios, con presenza policial que irá rotando entre diferentes centros ao longo dos días. Ademais, contará cun reforzo especial na zona de Ramón Ferreiro, onde se concentran varios centros educativos e se produce unha importante afluencia de vehículos e peóns nestes horarios.
A Mesa abordou tamén a retirada de vehículos abandonados da vía pública. Durante a reunión informouse de que xa se iniciou o proceso para desbloquear a retirada destes vehículos, despois de que a falta de espazo no depósito municipal impedise realizar novas retiradas da vía pública. Esta situación xa foi resolta e permite retomar estas actuacións.
Onte retirouse un vehículo situado na rúa Pombal, no barrio de Paradai, que contaba cun expediente aberto desde 2024 e que será trasladado ao depósito municipal. Ademais, está prevista unha segunda actuación similar nesta mesma zona, sobre outro vehículo abandonado. Tamén se deu traslado á Policía Local da situación doutros vehículos na mesma situación na zona do Castiñeiro para proceder á súa retirada.
Por outra banda, a Policía Local incrementará a presenza na rúa Fontaneira, atendendo unha petición trasladada á alcaldesa polos veciños e veciñas da Asociación do Sagrado Corazón. Os residentes expresaron a súa preocupación polo movemento de persoas nun edificio da zona e solicitaron un reforzo da vixilancia. residentes. A alcaldesa destacou a importancia de manter activa esta Mesa de Seguridade Permanente como un espazo de coordinación e prevención.
+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...