Dúas persoas resultaron feridas este martes ao seren atropeladas por un vehículo cando cruzaban a Avenida Ramón Ferreiro, en Lugo. Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o suceso produciuse arredor das 18.00 horas e foi un particular quen deu a voz de alarma. O alertante indicou que as dúas persoas atropeladas estaban conscientes tras o accidente. Ata o lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e efectivos da Policía Local de Lugo, que atenderon as vítimas e xestionaron a incidencia.
Dúas persoas resultan feridas tras seren atropeladas na Avenida Ramón Ferreiro de Lugo
As vítimas cruzaban a vía cando foron alcanzadas por un vehículo arredor das 18.00 horas deste martes e permanecían conscientes tras o accidente.
PUBLICADA O
- Advertisement -
