InicioLugo e contornaLugoO Concello require ás tres empresas das obras de peonalización para reparar...

O Concello require ás tres empresas das obras de peonalización para reparar os desperfectos no casco histórico

Os requirimentos teñen diferentes prazos, que rematan entre o venres e o luns, segundo cada empresa e cada actuación

PUBLICADA O

- Advertisement -
O Concello de Lugo requiriu ás tres empresas que executaron as obras de peonalización para que solucionen os desperfectos detectados nos traballos, que están a xerar problemas nos pavimentos, baldosas e arquetas, así como danos no muro do CEIP Quiroga Ballesteros.

 

Os requirimentos teñen diferentes prazos, que rematan entre o venres e o luns, segundo cada empresa e cada actuación. O concelleiro de Mobilidade e Obras explicou que, se non acometen as reparacións, o Concello actuará con medios propios de inmediato, xa que “neste momento hai un contrato xa adxudicado para renovar e reparar os desperfectos existentes nas obras de peonalización realizadas no casco histórico, entre outros puntos do recinto amurallado”.

 

Entre os problemas detectados atópanse baldosas e pavimentos que se rompen, arquetas danadas e desniveis que poden provocar caídas, ademais dos danos ocasionados no muro do colexio.
+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...