InicioCulturaHomenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por...

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

O encontro concluíu cun recoñecemento colectivo á traxectoria da RMPL e ao labor desenvolvido durante estas dúas décadas por Encarna Lago e todo o equipo da Rede, reafirmando o seu papel como referente na innovación museolóxica, a educación patrimonial e a democratización da cultura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de Tor con motivo do seu 20º aniversario, no marco do proxecto de investigación «Museos, Educación Histórica e Cultura Democrática. Retos sociais desde a interseccionalidade crítica», unha iniciativa que reúne preto dun cento de profesionais —investigadores, docentes e especialistas en museos— procedentes de 13 universidades españolas e dunha ampla representación de museos e institucións culturais de referencia.

Entre as institucións participantes figuran o Museo de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Arqueolóxico Nacional, o Museo Nacional do Prado, o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, o Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira, o Museo Nacional de Antropoloxía, o Museo Arqueolóxico de Alacante (MARQ), o Museo da Memoria de Andalucía, o Centro Andaluz da Fotografía, o Museo de Almería, os Museos de Terque, o Museo Íbero, o Museo do Realismo Español Contemporáneo (MUREC) e a propia Rede Museística Provincial de Lugo, da que forma parte Encarna Lago González, xerente da RMPL e integrante do equipo investigador.

Con motivo desta efeméride, 50 profesionais participantes no proxecto déronse cita no Pazo de Tor para render homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo, recoñecendo os seus vinte anos de compromiso cun modelo de museoloxía social, participativa e transformadora, convertido nun referente dentro e fóra de Galicia.

O acto central foi a conferencia «A Rede Museística de Lugo. Un exemplo de boas prácticas desde unha museoloxía social e transformadora», presidida por Cosme J. Gómez Carrasco, da Universidade de Murcia, quen pronunciou a laudatio en representación das universidades e institucións integrantes do proxecto.

Na homenaxe tamén interviñeron Ana Moreno Rebordinos, do Museo Nacional do Prado; Rufino Ferreras Marcos, responsable da Área de Educación do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza; e José Manuel Rey García, do Servizo de Museos do Concello de Vigo, quen puxeron en valor o carácter pioneiro da RMPL, destacando a súa capacidade para situar ás persoas no centro da acción museística e para converter os museos en espazos de inclusión, participación, diálogo e construción de cidadanía.

Os participantes coincidiron en sinalar que a Rede Museística Provincial de Lugo constitúe hoxe un dos exemplos máis sólidos de museoloxía social en España, converténdose nun caso de estudo e nun modelo inspirador para profesionais, universidades e institucións culturais comprometidas co papel transformador dos museos.

O encontro concluíu cun recoñecemento colectivo á traxectoria da RMPL e ao labor desenvolvido durante estas dúas décadas por Encarna Lago e todo o equipo da Rede, reafirmando o seu papel como referente na innovación museolóxica, a educación patrimonial e a democratización da cultura.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...