InicioLugo e contornaLugoAprobado o regulamento da carreira profesional para o persoal do Concello de...

Aprobado o regulamento da carreira profesional para o persoal do Concello de Lugo

A Mesa Xeral de Negociación permitiu tamén avanzar na organización da escala de mandos do Servizo de Bombeiros e iniciar os traballos da Oferta Pública de Emprego de 2026

PUBLICADA O

- Advertisement -

Mesa Xeral de Negociación do Concello de Lugo acadou hoxe importantes acordos entre o Goberno local e as organizacións sindicais, destacando especialmente a aprobación por unanimidade do regulamento da carreira profesional do persoal municipal.

Trátase dun paso relevante no ámbito dos recursos humanos do Concello, xa que permitirá recoñecer a experiencia, a formación, o esforzo e o compromiso dos empregados públicos ao longo da súa traxectoria profesional.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, valorou moi positivamente o clima de diálogo e entendemento que permitiu alcanzar este acordo e agradeceu a disposición das organizacións sindicais para traballar desde o consenso en cuestións de especial relevancia para a administración municipal.

A carreira profesional constitúe unha ferramenta destinada a recoñecer a contribución do persoal municipal á mellora da calidade dos servizos públicos que presta o Concello de Lugo, distinguindo a competencia profesional individual mediante criterios obxectivos.

O regulamento aprobado busca tamén fomentar a corresponsabilidade do persoal, reforzar a cultura de compromiso co servizo público, promover a actualización permanente de coñecementos e competencias profesionais, mellorar a cualificación dos traballadores e incrementar a súa motivación ao longo da vida laboral.

Todo iso redunda nun obxectivo común: seguir mellorando a xestión municipal e a calidade dos servizos que reciben os lucenses.

A reunión da Mesa Xeral permitiu tamén alcanzar un acordo unánime sobre a proposta de organización do Servizo de Bombeiros no relativo ao cadro de mandos, un avance importante para continuar fortalecendo a estrutura dun servizo esencial para a seguridade da cidade. Hai que recordar que hai unha sentenza, a raíz dunha denuncia da CIG,  na que se avala a necesidade da creación dunha escala de mandos co obxecto de que haxa un procedemento de traballo neste servizo.

Así mesmo, Goberno local e representantes sindicais acordaron iniciar os traballos para a definición da Oferta Pública de Emprego correspondente ao ano 2026, dando continuidade ao labor de planificación e organización dos recursos humanos municipais.

Desde o Executivo local destacan especialmente o feito de que os principais asuntos abordados na reunión contasen co respaldo unánime das organizacións sindicais, ao considerar que o diálogo e o acordo constitúen a mellor vía para seguir avanzando na mellora da administración municipal e dos servizos públicos que presta á cidadanía.

A alcaldesa reafirmou a vontade do Goberno local de continuar traballando da man dos representantes dos traballadores para afrontar os retos pendentes e seguir construíndo unha administración máis eficiente, moderna e preparada para responder ás necesidades dos lucenses

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...