A alcaldesa de Lugo, xunto cos concelleiros Cristina Sanz e Ramón Cabarcos, mantiveron esta mañá unha primeira reunión de traballo cos xefes de servizo do Concello co obxectivo de coñecer, de primeira man, a situación dos distintos departamentos do Concello.
Elena Candia pediulles que lle facilitasen a información detallada sobre as necesidades reais de cada departamento, co fin de poder priorizar actuacións e avanzar na mellora da organización municipal.
Durante o encontro, a alcaldesa trasladou a súa vontade de traballar desde o diálogo, o respecto ao labor técnico e a cooperación, destacando a importancia de sumar esforzos para mellorar o funcionamento interno do Concello e a atención á veciñanza,
A alcaldesa de Lugo, xunto cos concelleiros Cristina Sanz e Ramón Cabarcos, mantiveron esta mañá unha primeira reunión de traballo cos xefes de servizo do Concello co obxectivo de coñecer, de primeira man, a situación dos distintos departamentos do Concello.
Elena Candia pediulles que lle facilitasen a información detallada sobre as necesidades reais de cada departamento, co fin de poder priorizar actuacións e avanzar na mellora da organización municipal.
Durante o encontro, a alcaldesa trasladou a súa vontade de traballar desde o diálogo, o respecto ao labor técnico e a cooperación, destacando a importancia de sumar esforzos para mellorar o funcionamento interno do Concello e a atención á veciñanza.
A alcaldesa tamén informou que esta semana se desenvolverá o pleno de organización.
ILUMINACIÓN DE AZUL
O edificio da Casa Consistorial iluminarase esta noite de azul con motivo do Día Internacional da Enfermería, que se conmemora cada 12 de maio.
Trátase dunha iniciativa realizada en colaboración co Colexio Oficial de Enfermería de Lugo como mostra de recoñecemento ao labor, á profesionalidade e ao compromiso das enfermeiras e enfermeiros.
