InicioSucesosPintadas na sede da Federación de Caza en Lugo

Pintadas na sede da Federación de Caza en Lugo

A sede provincial da Federación de Caza amenceu o domingo con pintadas de cor vermello, ataque producido despois de varios enfrontamentos na fin de semana

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – Redacción | A fachada da Federación de Caza en Lugo foi atacada na madrugada do domingo con pintura de cor vermella. Este novo incidente segue a varios episodios producidos durante o campionato provincial da fin de semana, nos que varios vehículos de activistas sufriron desperfectos e que incluso levou ao disparo dun arma de fogo. Francisco López, presidente do ente afectado, lamentou os “actos vandálicos” e confirmou que denunciarán os feitos perante o Corpo Nacional de Policía.

As pintadas afectaron ao cartel da Federación de Caza e a parede do baixo na sede ubicada na rúa San Roque, no cruce coa Rúa Hermanitas. Catro impactos de pintura tinguiron o rótulo, e debaixo quedou escrito Se tocan a unha, tocan a todas. Cazadores asasinos.

Este suceso contribúe a escalar a tensión entre o colectivo cinexético e as organizacións a prol do medio ambiente. O sábado, os activistas conseguiron atopar o lugar de celebración do campionato provincial, oculto pola Federación Galega de Caza e polas administracións. Malia a gravidade da resposta dos cazadores, a proba de caza do raposo seguiu adiante.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...