InicioEconomíaRenfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe sinala ás obras que se realizan nesta liña e que son "incompatibles coa circulación ferroviaria"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22 ao 26 de abril de 2026 con motivo dos traballos de mellora que Adif levará a cabo na infraestrutura entre Monforte de Lemos e Lugo, “incompatibles coa circulación ferroviaria”.

Estas actuacións requiren a modificación dos servizos de Media Distancia que realizan os traxectos entre Ourense-Monforte de Lemos-Lugo-A Coruña, así como o Alvia que conecta Lugo e Madrid, en ambos os sentidos.

A compañía garantirá a mobilidade dos viaxeiros mediante autobuses para os 40 servizos afectados o período de traballos.

A compañía activou cambios e anulacións sen custo para os viaxeiros dos servizos afectados e lembra que nos traxectos por estrada non están permitidos os animais de compañía. Os billetes e toda a información están dispoñibles nas canles habituais de Renfe: despachos de billetes, máquinas autoventa, App Renfe, no teléfono 912 320 320 e en www.renfe.com

En concreto, os servizos afectados son os seguintes:

Servizos de Media Distancia

MD 12644 A Coruña (7:05h) – Ourense (10:49h). Transbordo por estrada entre Rábade e Ourense.

MD12641 Monforte de Lemos (7:30h) – A Coruña (10:13h). Transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Rábade.

MD 12642 A coruña (19:35h) – Monforte de Lemos (22:26h). Transbordo por estrada entre Rábade e Monforte de Lemos.

MD12646 Ourense (19:50h) – A Coruña (23:31h). Transbordo por estrada entre Ourense e Rábade.

MD 12694 Ourense (12:32h) – Lugo (14:12h). Transbordo por estrada entre Ourense e Lugo.

MD12696 Lugo (14:41h) – Ourense (16:15h). Transbordo por estrada entre Lugo e Ourense.

Servizos de Longa Distancia

Alvia 4325 Madrid (13:20h) – Lugo (17:58h). Transbordo por estrada entre Monforte de Lemos, Sarria e Lugo.

Alvia 4114 Lugo (11:15h) – Madrid (16:00h).

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...