InicioTerra CháVilalbaO PP de Vilalba "abre as portas" a unha moción de censura...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

Os populares condenan que, a pesar de liderar un goberno en minoría, actúa con “soberbia” e “non quere chegar a ningún consenso”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de confianza, “evidénciase que a alcaldesa socialista Marta Rouco non ten apoio nin liderado”. Os populares condenan que, a pesar de liderar un goberno en minoría, actúa con “soberbia” e “non quere chegar a ningún consenso”.

O PP mantén abertas as portas ao diálogo con Vilalba Aberta o BNG para apoiar unha moción de censura e diríxense especialmente ao BNG “se realmente quere cambiar o rumbo deste Concello ou simplemente o seu voto de hoxe en contra da confianza no goberno municipal foi un paripé”.

Sobre os orzamentos municipais, os concelleiros do PP subliñan que “son tan malos que nin o BNG os apoia”. Como xa tiñan advertido “trátase duns orzamentos para cumprir os caprichos dos socialistas, non para dar solución aos problemas e necesidades dos veciños e veciñas” que “están fartos de obras sen xeito no casco urbano e o abandono do rural” onde “Vilalba Aberta prometera 1M€ por ano de mandato e agora recoñece que só leva investido 1,3M€, moi lonxe dos 4 prometidos”. Ao que hai que sumar “un caos circulatorio que teñen que soportar os vilalbeses no seu día a día” polas decisións do goberno local.

Así mesmo, inciden na “incongruencia” ou “cambio de opinión da alcaldesa” en relación á importancia da aprobación dos orzamentos. No seu día, como responsable da concellería de Facenda no anterior mandato, “dicía que o presuposto non era importante porque non cambia o funcionamento do Concello” para xustificar a súa incapacidade para aprobar uns orzamentos que, “por aquel entón chegaron a prorrogar durante 4 anos uns orzamentos do goberno do PP”.

Os concelleiros do PP afean que a rexedora socialista “pretenda culpar aos demais dos resultados da súa propia xestión” e advirten de que “non queira culpar ao Partido Popular dos atrasos nos pagos” xa que “a única responsable é a propia alcaldesa”.

Marta Rouco ten na súa man chegar a acordos, pero a súa soberbia impídelle traballar dende o diálogo polo ben dos vilalbeses e vilalbesas”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

Ferido un camioneiro despois dunha saída de vía e caer por un terraplén de 15 metros en Xermade

Un camioneiro resultou ferido este martes tras sufrir unha saída de vía e caer...