InicioSucesos Un cazador dispara contra activistas en Castro

[Vídeo] Un cazador dispara contra activistas en Castro

Varios incidentes seguiron á entrada de activistas no tecor de Castro onde se celebraba o campionato provincial de caza do raposo, ocultado por cazadores e administracións

PUBLICADA O

- Advertisement -

O polémico campionato provincial de caza do raposo deixou varios incidentes entre cazadores e activistas. Colectivos animalistas procedentes de toda España solicitaron permisos para pasear polas zonas nas que era máis probable a celebración da proba, ocultada no calendario oficial da Federación, e sobre a que as administracións negaron información que debería ser de dominio público. O máis grave dos encontros produciuse cando un cazador disparou ao paso dun coche no que viaxaban catro activistas, que resultaron ilesas.

O individuo que realizou o disparo foi identificado pola Garda Civil, e o feito foi denunciado na comisaría de Vilalba. As testemuñas apuntan a que na mesma cuadrilla do implicado había un menor de idade.

Os colectivos a prol do medio ambiente pediron a cancelación do campionato de caza por mor dos choques entre cazadores e a trintena de activistas desprazados por grupos, que denuncian acoso e danos contra os coches. Neste momento valoran novas iniciativas legais. Aliás, os cazadores decidiron continuar coa proba de carácter provincial.

+ posts

ÚLTIMAS

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

O Concello de Lugo aproba o texto do convenio marco da FEGAMP para uso eficiente dos servizos públicos

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, anunciou que a  Xunta de Goberno Local aprobou hoxe...

Lugo aproba o proxecto de utilización dos pavillóns escolares fóra do horario lectivo

O Concello de Lugo deu un novo paso para optimizar o uso das infraestruturas...

A Vicepresidencia da Deputación e colectivos culturais debaten sobre boas prácticas culturais

A finca de Tor acolleu este luns o primeiro Encontro de Boas Iniciativas Culturais,...