InicioSociedadeA Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

Haberá cinco actuacións en Vilalba, Foz, Sarria e Taboada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación de Lugo este domingo e que se estenderá durante os meses de abril e maio en distintos puntos da provincia. A iniciativa foi presentada este xoves no Pazo de San Marcos pola presidenta provincial, Carmela López, e a deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira.

Ambas as responsables explicaron que se trata de dúas propostas dirixidas tanto aos concellos como á comunidade educativa, co obxectivo de “informar, xerar conexión coa cidadanía, fomentar a reflexión e contribuír a desmontar prexuízos”. A programación, ademais, será completamente gratuíta.

Durante a súa intervención, Carmela López subliñou que estas accións nacen como resposta ao “repunte recente” de actitudes e discursos machistas, unha situación que, segundo indicou, “obriga ás institucións públicas a actuar con responsabilidade”. Neste contexto, defendeu o feminismo como “a procura dunha igualdade real entre mulleres e homes”, lamentando que siga sendo “obxecto de interpretacións erróneas en determinados ámbitos”.

A programación articúlase ao redor de dous grandes eixos. Por unha banda, celebrarase unha xira de espectáculos humorísticos que achegarán o feminismo á cidadanía a través dun formato accesible e próximo, como é o monólogo. Por outro, unha xornada de carácter formativo que reunirá a especialistas para analizar os principais retos actuais en materia de igualdade desde distintas disciplinas.

MONÓLOGOS EN CINCO CONCELLOS

Baixo o título ‘Risas con perspectiva feminista’, as humoristas Arantxa Treus e Xasmín Abuín protagonizarán unha serie de monólogos cun enfoque crítico que percorrerán a provincia até o 24 de maio. A primeira cita terá lugar este domingo ás 19.00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba, posteriormente, o ciclo chegará a Foz, Taboada e Sarria.

A segunda proposta será a terceira edición das Xornadas Feministas=Igualdade, que se celebrarán o venres 17 de abril no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, en horario de mañá. A actividade, dirixida especialmente a centros educativos, contará coa participación de expertas de distintos ámbitos.  A xornada tamén incluirá intervencións centradas na invisibilización histórica das mulleres no ámbito científico e educativo, así como un monólogo final a cargo da humorista Esther Gimeno. O evento estará conducido pola actriz e presentadora lucense Beatriz Serén.

Na presentación, Marisol Morandeira incidiu en que o machismo continúa sendo un “problema estrutural” que se manifesta en múltiples ámbitos, como a desigualdade laboral, a violencia de xénero, a brecha salarial ou a persistencia de estereotipos. Por iso, destacou “o valor do humor como ferramenta de transformación social, capaz de trasladar mensaxes complexas de forma comprensible e de estimular o pensamento crítico”.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...