InicioCulturaPena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

A deputada Iria Castro destacou a contribución das xornadas a despegarse de estigmas ou límites autoimpostos e a presentar o rural como un espazo dinámico, vivo, no que xurden ideas e no que é posible desenvolvelas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de  “Ciencia na aldea” que se celebrarán do 24 ao 26 de abril en Pena da Nogueira, en Negueira de Muñiz.  Coincidindo coa celebración no presente 2026 do Ano Internacional da Muller agricultora e dos pastizais e os pastores, o programa organizado pola Asociación Corripa co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputacíon, terá como eixo principal o papel da muller rural, da gandería de montaña e a transhumancia.

Arredor destas temáticas, o encontro reunirá divulgadores, naturalistas e investigadores especialistas en antropoloxía, entomatoloxía ou neurobioloxía de España, Portugal, Francia ou Italia – membros de institucións como o CSIC, as universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Oviedo, o Conservatoire d’espaces naturels de Nouvelle-Aquitaine de Francia, o Centro de Interpretaçao da Serra dá Estrela e a Universidade de Coimbra –  para falar de “ciencia no lugar de onde sae unha gran parte do coñecemento: da natureza e polo tanto do rural”, resumiu Alberto Uría, vicepresidente da Asociación Corripa, na presentación do programa xunto á deputada Iria Castro, que reafirmou o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa organización das xornadas.

“Agradecemos enormemente o esforzo, dedicación e traballo ao longo de todo o ano para acadar a excelencia na convocatoria, organización e asistencia de público a estas xornadas que descobren cada ano novas temáticas actualizadas dende o ámbito científico e da innovación dende a montaña lucense”, valorou a responsable provincial

Iria Castro destacou a contribución das xornadas a despegarse de estigmas ou límites autoimpostos e a presentar o rural como un espazo dinámico, vivo, no que xurden ideas e no que é posible desenvolvelas. Fan falla, ademais de boas intencións, recursos e servizos para que as persoas que viven aquí o sigan facendo. Que nos acollan estes días, pero, sobre todo, que poidan continuar co seu traballo e as súas vidas o resto do ano, producindo alimentos e coidando o territorio. A área de Rural é unha panca pequena para suxeitar todo isto, pero temos o compromiso institucional e político de contribuír a que isto sexa posible”, concluíu.

Ademais de detallar o programa, o acto acolleu unha mesa redonda de ganderías na que participaron Ana Álvarez e Fiamma Villagarcía (Gandería Cabo Molmeán SC – Navia de Suarna), Xosé Luis Carrera (Queixería Arqueixal) e José Manuel Santín (Gandería Josmar SC – Baralla), que expuxeron o seu punto de vista sobre a iniciativa e a súa interrelacion coa agrogandería,e  outra de investigadores que traballan en colaboración co sector agrogandeiro como Martiño Cabana (Asociación Galega da Custodia do Territorio) e María Sol Arias Vázquez, Mercedes Camiña García e Cristiana Cazapal Monteiro (Profesoras nos Departamentos de Fisioloxía y Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria da USC)

A participación en Ciencia na aldea require inscrición previa pola capacidade do espazo no que se desenvolven, o Ecomuseo El País del Abeyeiro. O prazo para anotarse abre mañá -venres 10 de abril – ás 10.00 horas. Os formularios de inscricíon estarán dispoñibles na web da Asociación Corripa e nas súas redes sociais.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...