O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un grupo de cidadáns lucenses para recoñecer a figura de Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade, en homenaxe póstuma á súa traxectoria e vinculación con Lugo.
Os populares rexistraron o pasado 31 de marzo un escrito no Concello no que manifestan o seu apoio a esta proposta e solicitan que se inicien os trámites para o seu recoñecemento.
A formación destaca a relevancia de Ónega como unha das grandes figuras do xornalismo español, así como o seu compromiso coa cultura e a súa estreita relación con Galicia e con Lugo.
A súa forma pausada e intelixente de analizar a actualidade política forman xa parte da historia da comunicación no noso país.
A iniciativa busca que o Concello de Lugo perpetúe a memoria de Fernando Ónega mediante este recoñecemento institucional.
