InicioPolíticaTres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

A rehabilitación en dous tramos da LU-P-6101, entre Trabadela e A Ría por Sante; e a LU-P-6001, entre Taboada e Mundín por Ada; e ademais da declaración de emerxencia a reparación da LU-P-1801 de Chantada a Nogueira polos Peares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento de 800.000€ para acondicionar tres estradas nos concellos de Trabada, Chantada e Taboada. Así o informou a Voceira socialista, Pilar García Porto. Detallou que a sesión semanal licitou a rehabilitación en dous tramos da LU-P-6101, entre Trabadela e A Ría por Sante; e a LU-P-6001, entre Taboada e Mundín por Ada; e ademais declarou de emerxencia a reparación da LU-P-1801 de Chantada a Nogueira polos Peares.

Na Mariña, a institución provincial acondicionará o inicio da LU-P-6101 en Trabada, que conecta Trabadela e A Ría por Sante cun orzamento de preto de 162.910,3€. Unha vía que vertebra o norte de Trabada e ten bastante tráfico agrícola e forestal. As obras afectan aos primeiros 1,3 quilómetros, terán un prazo de execución de 4 meses e inclúen apertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente na calzada e reposición da sinalización horizontal.

Na Ribeira Sacra, a Deputación investirá 345.804,51€ para actuar nos seis primeros quilómetros da LU-P-6001, que conecta Taboada con Mundín por Ada. Unha arteria local importante para articular o municipio e a súa conexión con concellos como Chantada e Portomarín. Os traballos terán 4 meses de prazo de execución, inclúen ademais das obras de drenaxe, a mellora do firme con aglomerado e a sinalización, a execución dun muro de escollera para estabilizar o trazado nun tramo da vía.

A Xunta de Goberno aprobou tamén declarar de emerxencia os traballos da LU-P-1801, que é a estrada que vai de Chantada a Nogueira polos Peares. Recordaba García Porto que hai apenas unhas semanas os técnicos da Deputación valoraron cortar esta vía á altura de Nogueira de Miño –á altura do quilómetro 15-, tras aparecer unha fenda de varios centímetros no borde exterior do firme. Consideraron actuar de inmediato para evitar o colapso do muro.

A proposta da actuación, cun orzamento aproximado de máis de 330.000€ (330.756,09€), inclúe analizar por que se está a mover, calcular os elementos para estabilizar a estrutura e reforzala con micropilotos e ancoraxes. A empresa Xermolo SA será a encargada das obras necesarias para resolver a incidencia.

Emprego

A Xunta de Goberno aprobou tamén a convocatoria e as bases específicas para a elaboración de tres listaxes: unha de coordinador, outra de técnico de proxectos e outra de persoal de apoio, as tres para prestar servizos temporais no Centro de Innovación Territorial da Deputación de Lugo. Nese sentido a Deputada avanzou que os vindeiros días sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...