InicioPolíticaA Deputación comeza o aglomerado da estrada Barbadelo-Vilei, en Sarria

A Deputación comeza o aglomerado da estrada Barbadelo-Vilei, en Sarria

O prazo de execución global das obras é dun mes, condicionado polas condicións meteorolóxicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de aglomerado en quente na estrada provincial LU-P-5712, no concello de Sarria, unha vía que conecta a parroquia de Barbadelo co núcleo de Vilei.

A actuación desenvólvese no treito comprendido dende o inicio da vía ata o quilómetro 1,2, cun investimento de 80.000 euros, e que permitirá mellorar de xeito notable as condicións de circulación e a seguridade viaria.

A empresa Cholo SL é a encargada de executar uns traballos que, tras a reapertura de cunetas xa realizada, continúan agora co estendido do novo firme en aglomerado en quente. A intervención completarase co repintado da vía e a reposición da sinalización vertical.

Esta estrada cumpre unha importante función de servizo á veciñanza, facilitando a conexión entre núcleos de poboación, o acceso a vivendas e explotacións agrarias, así como a súa ligazón co Camiño de Santiago. O prazo de execución global das obras é dun mes, condicionado polas condicións meteorolóxicas.

Durante o desenvolvemento dos traballos poderanse producir cortes puntuais de tráfico, que estarán debidamente sinalizados, habilitándose itinerarios alternativos para garantir a mobilidade e causar o menor prexuízo no día a día da veciñanza.

Con esta actuación, a Deputación de Lugo reafirma o seu compromiso cunha rede viaria máis moderna, segura e adaptada ás necesidades do rural, contribuíndo a mellorar as comunicacións no conxunto da provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...