InicioPolíticaBNG: «Cos aparcadoiros anunciados non se resolve o problema de Fontiñas»

BNG: «Cos aparcadoiros anunciados non se resolve o problema de Fontiñas»

O voceiro do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, propón adecuar unha parcela nas inmediacións de Fontiñas xa que «a proposta do concello quedou coxa». Tamén chamou a atención sobre a falta de coidado do treito do Carril dos Fornos na Tinería

PUBLICADA O

- Advertisement -

A proposta de aparcadoiros disuasorios realizada recentemente polo Concello de Lugo é insuficiente, apuntan dende o Bloque Nacionalista Galego. A formación representada por Rubén Arroxo di «valorar» que o executivo local «poña en marcha a proposta do BNG», mais consideran que a solución plantexada «quedou coxa» no que respecta ao barrio de Fontiñas, que consideran «zona saturada».

Arroxo lembrou que o pleno xa aprobou no seu tempo «unha iniciativa do BNG – Asembleas Abertas para buscar un uso social aos terreos baleiros que están situados no casco urbano da cidade». Así, un dos usos propostos na iniciativa dos nacionalistas era o de crear aparcadoiros gratuítos que disuadiran aos usuarios de masificar as rúas céntricas. Para os nacionalistas, a solución no barrio de Fontiñas pasaría por habilitar un total de 5.600 metros cadrados dispoñibles na contorna.

Estes terreos baleiros están situados na esquina de Fontiñas co Carril de Caiños –o máis próximo ao centro, espazo que xa funcionou coma aparcadoiro durante a realización de obras–, e na intersección entre a ronda Xosé Castiñeira e rúa Xesús Bal e Gai. En concreto, este último aparcadoiro daría solución aos problemas de tráfico na zona dos conservatorios de música e danza, e ocuparía máis de 4.000 metros cadrados. Calculan no BNG que en total poderían acadar as 250 prazas.

O voceiro explicou acerca dos predios propostos “que non son máis que «exemplos para que o goberno municipal vexa como se poden iniciar conversas con propietarios concretos» e comezar a «dar solución a problemas reais que ten esta cidade».” Así mesmo, engadiu que as intervencións consistirían en «facer pequenos investimentos na adecuación dos terreos» para que se poidan usar como aparcadoiros «mentres os seus donos non deciden darlles uso, e que no momento en que os reclamen, queden libres se maior problema»”. Arroxo apreciou que creando estas 250 prazas de aparcamento gratuíto «o problema de aparcamento en Fontiñas quedaría practicamente resolto».

«Coches e area invaden o treito recentemente arranxado na Tinería»

Por outra banda, o BNG puxo o foco na situación do treito do Carril dos Fornos que pasa polo barrio da Tinería. No mes de marzo deste 2018 executáronse nel –pois estaba en terra– obras que contaron con finanzamento do Ministerio de Fomento. Pero, coma denuncian dende o Bloque, neste momento a area procedente do tramo do Carril dos Fornos que se atopa se pavimentar «invade a parte adoquinada» provocando queixas de veciñas e transeúntes. Reclaman que concello «debería ter unha especial atención» a esta zona para que mude «nun verdadeiro atractivo turístico».

O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, comproba a situación do Carril dos Fornos na Tinería | Bloque Nacionalista Galego

Respecto dos vehículos estacionados nesta zona do Carril dos Fornos, Arroxo di que «algúns deles levan moito tempo alí estacionados sen que ninguén faga nada», e outros utilizan este espazo como aparcadoiro «cando se trata dunha zona peonil en pleno casco histórico». O voceiro indicou que lles «consta» que o goberno municipal «xa recibiu queixas por diferentes vías pero os coches seguen accedendo e estacionando nesta zona do casco histórico».

ÚLTIMAS

“Sempre en Galiza. 1944-2024”, inaugurada no Museo Provincial de Lugo

A mostra, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono, plásmase en...

Senadores do PP provincial piden explicacións sobre a rehabilitación da A-6

Os senadores do PP lucense rexistraron este venres unha pregunta na Cámara Alta dirixida ao Goberno...

A Deputación de Lugo presentará en Fitur a campaña ‘Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas’

A Deputación de Lugo presentará a súa nova campaña de turismo, 'Provincia de Lugo. Mergúllate na...

Os senadores do PP por Lugo defenden as 159 iniciativas presentadas en 2024, co sector rural ou Alcoa no foco

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo José Manuel Barreiro, José Manuel...