InicioA UlloaFalecen con Covid cinco persoas na área sanitaria luguesa

Falecen con Covid cinco persoas na área sanitaria luguesa

Sanidade notificou 21 decesos que se produciron ao longo de varios días, polo que as vítimas mortais da pandemia en Galicia superan as 3.000.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia alcanzou os 3.008 falecidos con Covid, despois de que Sanidade confirmase a morte doutras 21 persoas, 16 delas o pasado luns, de idades comprendidas entre os 68 e os 100 anos, todas elas con patoloxías previas.

Hai que remontarse a mediados de febreiro do ano pasado para atopar un número tan elevado de falecidos notificados nun día. Con todo, hai que ter en conta que Sanidade adoita confirmar xuntos o mesmo día decesos correspondentes a varias xornadas.

Este mércores informouse de 21 falecementos. O primeiro deles é o dun home de 89 anos de idade que morreu o pasado sábado na área sanitaria de Santiago-A Barbanza; o domingo faleceu unha muller de 93 anos na área de Lugo, A Mariña e Monforte.

Con respecto ao pasado luns, informouse da morte de 16 persoas con Covid: dous homes de 90 e 81 anos na área sanitaria da Coruña-Cee; dous homes de 73 e 90 anos, e dúas mulleres de 91 e 85 anos, todos na área sanitaria de Lugo; unha muller de 88 anos que faleceu na área de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras; unha muller de 68 anos, na área de Pontevedra-O Salnés; tres homes de 71,83 e 72 anos, e unha muller de 87 anos, na área sanitaria de Vigo; un home de 83 anos na área sanitaria de Ferrol; e tres homes, de 78, 76 e 92 anos, na área de Santiago.

Ademais, este martes a Consellería xa informara doutro falecemento ocorrido o luns, o dun home de 91 anos de idade, na área sanitaria de Lugo, polo que ese día producíronse, polo menos, 17 decesos.

Sanidade tamén confirmou o falecemento, este martes, dunha muller de 93 anos (na área de Ourense), un home de 100 anos na área de Vigo e unha muller de 89 anos, tamén na área sanitaria de Vigo.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...