Home Lugo e contorna Lugo Escarceradas dúas persoas nun accidente con tres vehículos en Lugo

Escarceradas dúas persoas nun accidente con tres vehículos en Lugo

0
Escarceradas dúas persoas nun accidente con tres vehículos en Lugo
Accidente dun coche / GC

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de circulación rexistrado en Lugo este mércores no que se viron involucrados tres vehículos.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 17,00 horas na estrada que une o polígono das Gándaras e a igrexa de Aldeiros, no termo municipal de Lugo.

Ata alí desprazáronse os efectivos de emerxencias, que tiveron que liberar cun equipo de excarceración a un dos feridos, atrapado no interior do vehículo.

Unha vez fóra do coche, as dúas vítimas foron evacuadas en ambulancia a un centro hospitalario.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here