InicioLugo e contornaLugoVolve a "forza da veciñanza" a Lugo cun encontro con máis de...

Volve a “forza da veciñanza” a Lugo cun encontro con máis de 1.600 persoas

Este ano o Día do Veciño estará dedicado ao rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Día do Veciño chega á súa 19ª edición, logo dun ano suspendida pola pandemia, para reunir a máis de 1.600 persoas este sábado. Unha das finalidades deste encontro, destacan dende a Deputación, é a entrega dos premios V de Veciño: os galardóns cos que a Federación de Asociacións de Veciños recoñecen o labor dun total de 23 persoas que destacan por “desempeñar un papel protagonista en favor da dinamización e promoción da súa comarca e, polo tanto, da provincia”.

Este ano serán galardoados, entre outros, a concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego de Lugo e Deputada provincial de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana Gonzalez Abelleira; a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro Fernández; a primeira tenente de Alcalde de Monforte de Lemos, Gloria Prada; a conselleira delegada de Leche Río, Carmen Lence Ferreiro, e o presidente da Confederación Empresarial de Hostalería e Turismo de Galicia, Cheché Real.

Ademais da entrega dos galardóns, e como cada ano, haberá actividades para a veciñanza. Dende primeira hora da mañá estará dispoñible unha mostra das principais campañas reivindicativas lideradas pola Federación, que se exporá no local social da entidade veciñal. E coma todos os anos, ás 12:00 horas terá lugar un partido de fútbol con xornalistas, políticos e veciños no campo do Polvorín.

Xa pola tarde, dende as 16.00 horas haberá actuacións folclóricas e musicais e repartiranse lotes de produtos da provincia a todos os asistentes como pementos de Mougán, queixos de San Simón ou sardiñas de Burela. Logo das entregas das distincións veciñais pechará a xornada a actuación musical da lucense Lucía Pérez.

No día de hoxe presentouse, desta forma, a programación nos xardíns do Pazo de San Marcos. Alí estiveron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o director territorial de Abanca en Lugo, Javier Soto; e o presidente da Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti, Jesús Vázquez.

Na súa intervención, García Porto resaltou a importancia desta cita coa que a Deputación
colabora cunha achega de 18.000€, entre outros fins, para distribuír entre os asistentes
produtos de proximidade. “É o mellor escaparate para seguir promovendo o traballo dos
produtores e produtoras locais e , xa que logo, contribuír á posta en valor do rural e favorecer o seu desenvolvemento, máis aínda tras o impacto que a pandemia tivo sobre estes sectores”.

Pola súa banda, o presidente da Federación de Asociacións de Veciños aproveitou para
destacar que este ano o Día do Veciño “estará vencellado ao rural e por iso o lema da nosa
pancarta para esta edición será A forza da veciñanza… esencia rural”.

 

ÚLTIMAS

Detido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro cun coitelo acusándoo de facer moito ruído

A Garda Civil detivo durante a madrugada deste martes a un veciño de Castro de Rei,...

Lea pola promoción do Arde Lvcus en Fitur: o Concello de Lugo reprende á Xunta

O Concello de Lugo e o PP protagonizaron nas últimas horas unha lea pola presentación do Arde Lvcus...

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...