InicioLugo e contornaLugoA Xunta visita as novas instalacións do CEIP Sagrado Corazón para dar...

A Xunta visita as novas instalacións do CEIP Sagrado Corazón para dar a benvida ao novo curso escolar

Feijóo agarda que este curso sexa o "último en pandemia" e apunta que "non imos improvisar nada, o protocolo está aprobado desde xuño".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou este luns as novas instalacións do CEIP Sagrado Corazón en Lugo ante o inicio do curso escolar este xoves. “Esperamos finalizalo próximo á normalidade”, apuntou. Na visita, o presidente estivo acompañado polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e responsables da comunidade educativa.

Núñez Feijóo marcou a “experiencia vivida” e a “vacinación” como factores crave para “xestionar coa maior seguridade posible a pandemia nas aulas”. “Non imos improvisar nada, o protocolo está aprobado desde xuño”, insistiu.

O presidente destacou o investimento da Xunta nos últimos meses. “Destináronse 30 millóns de euros neste verán para 557 obras nuns 400 centros”. Á inauguración do CEIP Sagrado Corazón de Lugo, súmase un novo colexio en Sanxenxo e outro en Coirós. “Pido desculpas por se algunha obra aínda non se acabou na súa totalidade”, puntualizou.

NOVA ARQUITECTURA ESCOLAR

Núñez Feijóo puxo de exemplo o novo centro do barrio lucense do Sagrado Corazón ao “estrear o novo mobiliario da arquitectura post covid”. Neste novo aspecto, toman relevancia “a ventilación, a luz e os espazos máis amplos” para conseguir “instalacións máis saudables”. O mandatario galego anunciou que nesta lexislatura investiranse 191 millóns de euros en dotar aos centros desta “nova arquitectura”.

Despois de 29 anos, inaugurouse un novo centro escolar na cidade de Lugo. O CEIP Sagrado  Corazón ocupa un espazo de “dez mil metros cadrados” e está preparado para acoller a “425 alumnos”. No entanto, este curso que comeza non superará os 250 estudantes.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou que están a traballar para impedir que as anteriores instalacións queden baleiras. “Xa temos dado pasos para situar o centro de saúde do barrio no antigo centro”, informou.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...