InicioLugo e contornaLugoO Goberno de Lara Méndez di que incrementou un 15% o gasto...

O Goberno de Lara Méndez di que incrementou un 15% o gasto medio por habitante durante a pandemia

A Conta Xeral de 2020 sinala, ademais, unha execución, nese exercicio, do 83% do gasto comprometido que superou os 104 millóns de euros.Os indicadores económicos que reflicte o balance apuntan a que a solvencia a curto prazo do Concello de Lugo se sitúa no 527%

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno de Lara Méndez incrementou, durante a pandemia, o gasto medio por habitante nun 15% pasando dos 795’46 euros investidos en 2019 aos 909’88 € que recolle a Conta Xeral de 2020. “Un esforzo que se contrapón á merma da recadación municipal, derivada do impacto da COVID na actividade económica e social do municipio e que fixo diminuír en 4 millóns de euros os ingresos obtidos no pasado exercicio, salientou a tenente de alcaldesa, Paula Alvarellos.

A edil de Gobernanza destacou tamén que o balance contable do Concello certifica que a Administración local executou ese ano o 82’92% do gasto comprometido ao efectivizar o pago de 86’65 millóns de euros dos 104.500.423 que se adxudicaron.

“Cartos que supoñen en torno ao 70% do orzamento definitivo (149.572.823 €) e que empregamos para facer fronte ás necesidades urxentes que agromaron da man do coronavirus pero que tamén foron destinados a garantir o correcto desenvolvemento de servizos que, neste tempo, demostraron o seu carácter esencial como a limpeza viaria e desinfección do mobiliario urbano, a recollida do lixo, as axudas de alugueiro e emerxencia social ou as actividades, en calquera do seus formatos, coas que se tratou de permitir a socialización e a conciliación familia”, sinalou Paula Alvarellos.

Alvarellos Fondo indicou, tamén, que o documento será presentado aos grupos da Corporación a mediados de setembro, para a súa remisión ao Tribunal de Contas dentro do prazo legal establecido, “o que dá traslado do bo facer do persoal municipal na execución do seu traballo” e, unha vez máis, quixo poñer de manifesto “a solvencia da Administración local que reflicten as contas nas que se mantén a débeda financeira a cero e se alcanzan excelentes resultandos en indicadores económicos tan importantes como a liquidez inmediata – que se sitúa no 253’45% – ou a solvencia a curto prazo (527’46%)”, concluíu a edil de Gobernanza.

ÚLTIMAS

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...

Terremoto político no PSOE de Lugo: María Reigosa dáse de baixa como militante, pero o alcalde di que segue no grupo

A concelleira do Concello de Lugo María Reigosa pediu a baixa como militante do...

‘360 curvas’: o documental que conta a loita do pobo da Fonsagrada contra o illamento

A loita dun pobo galego contra o seu illamento e o éxodo rural son...