InicioLugo e contornaLugoLugo Monumental critica as restricións da Xunta e pide o 100% das...

Lugo Monumental critica as restricións da Xunta e pide o 100% das terrazas

"Hai que ir a cousas máis coherentes e que toda a hostalaría sexa tratada igual con independencia da súa licenza e que se vaia a criterios de distancia ou de superficie", esgrimiu.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental ve un “avance” na ampliación da capacidade, acordada polo comité clínico a partir do sábado, pero reclama que sexa ao 100% nas terrazas, á vez que pide coherencia nas medidas.

Nun comunicado, aplaude a última decisión do Tribunal Supremo que pon en cuestión o futuro do certificado covid para o lecer nocturno e tamén que se tivo en conta o seu recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Sobre as novas restricións impostas pola Xunta, o presidente da asociación, Luís Latorre, recoñeceu que “si que é certo que se abriu un pouco a man, mellorouse algo en terrazas que era algo que viña defendendo desde o primeiro momento”.

No entanto, ditas medidas considéraas “limitadas”, polo que emprazou a ir “máis aló” desas restricións impostas polo Goberno galego a partir do próximo sábado. “Seguimos sen entender que con terraza e distancia de seguridade a ocupación ou capacidade nas terrazas non sexa finalmente do cento por cento”, asegura nun comunicado.

“Hai que ir a cousas máis coherentes e que toda a hostalaría sexa tratada igual con independencia da súa licenza e que se vaia a criterios de distancia ou de superficie”, esgrimiu.

Por outra banda, defendeu que mellorou a situación en xeral respecto mesmo á situación que había co certificado covid. “Estamos razoablemente satisfeitos, pero hai que insistir noutras cousas”, argumenta.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...