InicioSociedadeA granxa Gayoso-Castro acolle as primeiras prácticas de estudantes do Campus Terra

A granxa Gayoso-Castro acolle as primeiras prácticas de estudantes do Campus Terra

A USC sinala que estas instalacións promoverán a investigación e especialización do campus lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  A Universidade de Santiago de Compostela (USC) informou de que a granxa experimental do Campus Terra, unha instalación destinada a usos de docencia e investigación que ocupa uns 1.500 metros cadrados no predio Gayoso-Castro, recibiu hoxe a visita dos primeiros estudantes que realizarán as súas prácticas nesas instalacións.

O inicio da actividade formativa na Granxa do Campus Terra, unha instalación experimental impulsada pola USC e financiada pola Deputación de Lugo, ofrece “novas posibilidades” para que os alumnos matriculados na Escola Politécnica Superior e na Facultade de Veterinaria realicen actividades de carácter práctico necesarias para completar a súa formación.

Esas instalacións, que serán inauguradas de forma oficial o vindeiro martes, servirán tamén para “impulsar e desenvolver proxectos de investigación orientados a mellorar a competitividade das explotacións lácteas e, por extensión, do sector agropecuario”.

De feito, coa programación de prácticas aínda sen completar, a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, afirmou que “a Granxa do Campus Terra bota a andar coa aspiración de converterse nun referente da innovación para o sector agropecuario e gandeiro”.

Nas súas instalacións conta cunha nave para gando con capacidade para unhas 70 vacas de leite e está dotada con computador de muxido, laboratorios, aulas de formación, maquinaria diversa e terreos aptos para cultivos.

Aberta a toda a comunidade universitaria, así como aos gandeiros e demais axentes do sector, a Granxa do Campus Terra supón un “salto cualitativo importante para a formación práctica” dos alumnos. Valcárcel afirmou que a primeira práctica desenvolvida na granxa por alumnos de Veterinaria, coordinada polo profesor Luis Quintela, “reforza o camiño da especialización da sede universitaria lucense”.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...