InicioSucesosTrece denuncias nunha soa noite por incumprir as restricións en Lugo

Trece denuncias nunha soa noite por incumprir as restricións en Lugo

Sete delas foron motivadas por non respectar o toque de queda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron trece denuncias na madrugada do 7 ao 8 de decembro por incumprimentos das restricións decretadas polas autoridades sanitarias para frear o coronavirus na cidade.

Sete das denuncias foron tramitadas por incumprir o toque de queda (entre as 23:00 e as 06:00 horas), de modo que as persoas denunciadas enfróntanse a multas que van de 601 a 30.000 euros.

Os axentes tamén tramitaron outras seis actas de infracción por persoas que circulaban pola vía pública sen facer uso da obrigatoria máscara. Esas denuncias levan aparelladas sancións de 100 euros

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...