InicioSociedadeAberto o prazo de inscrición para unha andaina cultural sobre a pegada...

Aberto o prazo de inscrición para unha andaina cultural sobre a pegada romana en Lugo

A xornada terá lugar o xoves 24 na Muralla e o Camiño Primitivo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cita histórica para este xoves e sábado en Lugo. O Arde Lvcvs Clvtvral,ofrece esta semana unha andaina guiada para coñecer de cerca o impacto do imperio romano da cidade. O acto repartirase en dúas xornadas que comprenderán unha visita ó Camiño Primitivo, así como un paseo pola Muralla.

A primeira destas citas celebrarase este xoves, 24 de setembro, ás 17:00 horas con Salesiani Luci Augusti. A saída é dende a Praza de Armañá e estará guiada polo profesor de historia do colexio Salesianos Lugo, Pablo Vilar Martul, que irá acompañado da ecoloxista e voluntaria de Greenpeace, Uxía Dorado García.

Para o sábado 26 de setembro esta programación ten preparado un paseo distinto pola Muralla con Paulo Fabio Máximo e Güidox, a partir das 17:00 horas, tamén dende o miliario da Praza de Armañá. Este é o primeiro de 4 paseos que se realizarán ata novembro co fundador da cidade de Lugo, acompañado por un castrexo, que descubrirán Lugo dun xeito diferente.

Para participar en calquera destas actividades, que son de balde, é preciso inscribirse a través do enderezo electrónico xuventude@lugo.gal.Contan con 10 prazas cada unha.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...