InicioSucesosDetido por romperlle un vaso no brazo a un home que paseaba...

Detido por romperlle un vaso no brazo a un home que paseaba ó seu can

O suceso tivo lugar na Praza do Campo Castelo de Lugo. A vítima sufriu un corte profundo que precisou puntos de sutura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Pol de 54 anos de idade foi detido por romperlle un vaso no brazo a outro home cando paseaba ao seu can pola Praza do Campo Castelo de Lugo.

Segundo informou este mércores a Policía Nacional, os feitos ocorreron na tarde do martes, cando a sala do 091 recibiu un aviso de que se produciu unha pelexa nunha das terrazas situadas no lugar.

Unha vez no punto, os axentes foron requiridos por un cidadán que denunciou que estaba a pasear o can cando foi increpado polo agora detido, producíndose unha discusión. Nese momento, o home supostamente agrediuno no brazo cun vaso, provocándolle un corte profundo que necesitou ser tratado con puntos de sutura.

Por este motivo, os axentes procederon á detención do presunto agresor, acusado dun delito de lesións. Os feitos foron postos en coñecemento da Autoridade Xudicial, ante quen pasará a disposición o detido ao longo deste mércores.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...