InicioCulturaLugo colocará unha estatua de Castelao na rúa da Raíña polos cen...

Lugo colocará unha estatua de Castelao na rúa da Raíña polos cen anos da revista Nós

A xunta de goberno aprobou iniciar o procedemento de compra da obra, que se instalará en fronte do Hotel Méndez Núñez para "saldar unha débeda histórica da cidade" cunha das figuras máis importantes da cultura galega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo “saldará unha débeda histórica coa figura de Castelao” ao colocar unha estatua na súa homenaxe na rúa da Raíña, xusto en fronte do Hotel Méndez Núñez. Será tamén unha maneira de conmemorar o 100º aniversario da revista Nós.

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, informou de que a xunta de goberno do Concello aprobou este mércores iniciar o procedemento de compra da estatua de Castelao, “unha das persoas máis importantes da historia e da cultura” de Galicia.

A estatua colocarase onda o Hotel Méndez Núñez, lugar “onde se realizou a cea posterior á I Asemblea Nacionalista de Lugo no 1918, na que Castelao estivo presente”.

Rubén Arroxo vinculou esta actuación coa “acción global do goberno municipal para revitalizar a estética da cidade e encher Lugo de cultura”. Puxo como exemplo a restauración das placas dos escritores e escritoras do centro da cidade ou o traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...