InicioDeportesInvestigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto autor dun delito de ameazas dirixidas, a través das redes sociais, a un xogador do Club Deportivo Lugo.

Segundo fontes policiais, os feitos remóntanse á noite do pasado 19 de abril, cando o futbolista empezou a recibir mensaxes ameazantes por redes sociais dun individuo que profiría insultos, advertencias explícitas sobre a súa integridade e incluso a queima do seu vehículo. O denunciante declarou sentir preocupación pola súa seguridade e pola da súa familia, até o punto de valorar trasladar temporalmente os seus achegados a outra localidade como medida preventiva.

Tras as indagacións policiais e grazas ao análise das imaxes e datos achegados, así como do perfil na rede social, os axentes da Policía Nacional conseguiron identificar o suposto autor dos feitos, un veciño da provincia de Lugo, que foi imputado por un presunto delito de ameazas. A Policía tamén recordou que este tipo de condutas, no marco da normativa deportiva, considéranse de odio e violencia vinculadas ao deporte.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...