Home Lugo e contorna Lugo Elena Candia di adeus á Deputación, onde Javier Castiñeira a sucederá como voceiro do PP

Elena Candia di adeus á Deputación, onde Javier Castiñeira a sucederá como voceiro do PP

0
Elena Candia di adeus á Deputación, onde Javier Castiñeira a sucederá como voceiro do PP
Jesús Novo, Candia e Castiñeira, do grupo provincial popular | AXM

A presidenta provincial do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, renunciou esta mañá á súa acta de deputada no Pazo de San Marcos e, polo tanto, a seguir como voceira do grupo provincial do PP na Deputación. No seu lugar, os populares nomearon por unanimidade o focego Javier Castiñeira como voceiro.

“Pecho unha etapa cun legado do que me sinto moi orgullosa”, asegurou Candia, que tamén deixa a alcaldía de Mondoñedo para incorporarse ás listas electorais do PP, nas que figura como número 1 por Lugo de cara ao 5 de abril. 

Visiblemente emocionada, nun pleno extraordinario, despediuse do seu labor na Deputación para deixar paso a Javier Castiñeira, que agarda poder seguir “o camiño trazado” pola mindoniense, a “deputada que mellor coñecía a provincia e a propia institución”.

A marcha de Elena Candia tamén abre oco para que entre un novo deputado popular na bancada provincial. Será o concelleiro de Barreiros, José Manuel Gómez Puente.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here