InicioSociedadeSanidade ordena retirar os produtos da empresa lucense Lácteos Casa Macán por...

Sanidade ordena retirar os produtos da empresa lucense Lácteos Casa Macán por falta de seguridade

Un control oficial de Sanidade detectou "incumprimentos graves" que "non permiten garantir a seguridade" dos produtos

PUBLICADA O

- Advertisement -

As autoridades sanitarias ordenaron retirar do mercado os produtos da empresa lucense Lácteos Casa Macán, cuxa actividade foi suspendida tras detectarse nas súas instalacións unha serie de incumprimentos “graves” que “non permiten garantir a seguridade dos produtos alí elaborados”.

Así o informou este mércores a Consellería de Sanidade, que trasladou a situación á Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) logo de detectala nun control oficial realizado nas instalacións da empresa.

Os servizos veterinarios de Saúde Pública da zona de Lugo dependentes de Sanidade suspenderon de forma cautelar todas as actividades da industria. Ademais, os produtos foron intervidos e ordenouse a retirada das canles de distribución de todos os produtos comercializados por Lácteos Casa Macán, con sede en Taboada.

A prohibición afecta a todos os lotes de produtos desta compañía, como a manteiga cocida de vaca, os queixos Arzúa Ulloa, Tetilla, Arzúa Ulloa curado, queixo de barra Costeño e queixo galego en rebanadas.

A Consellería de Sanidade recomenda aos cidadáns que teñan estes produtos que non os consuman e que os devolvan aos puntos de compra. Estes lácteos foron distribuídos en Galicia, Cataluña e Castela A Mancha.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...