Home Sucesos Feridas tres persoas no rally de San Froilán en Outeiro de Rei

Feridas tres persoas no rally de San Froilán en Outeiro de Rei

0
Feridas tres persoas no rally de San Froilán en Outeiro de Rei
Helicóptero 061

Tres persoas que observaban o Rally San Froilán, ao seu paso por San Fiz de Paz, en Outeiro de Rei, resultaron feridos na tarde deste venres ao soltarse unha roda dun dos vehículos participantes.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 19,30 horas, a través dun particular que se atopaba na zona.

Un dos coches que participaban na proba de rally perdeu unha roda, que acabou golpeando aos espectadores e un deles necesitaba asistencia sanitaria.

Ante iso, informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.

+ posts