InicioLugo e contornaLugoA moda de conducir con parte do corpo do acompañante fóra do...

A moda de conducir con parte do corpo do acompañante fóra do vehículo chega a Lugo

O condutor enfrontase a unha multa de 500 euros e seis puntos no carné de conducir.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun vehículo foi denunciado por condución temeraria ao ir o seu acompañante con parte do corpo fóra do vehículo e ocupar parte de dous carrís de circulación en Lugo.

Segundo informou a Policía Local, os membros da Unidade de Atestados detectaron que, a través das redes sociais, se compartía un vídeo no que se observaba como un vehículo de cor negra, co acompañante no asento dianteiro sentado sobre o bordo da porta, “só coas pernas no interior do turismo e o resto do corpo fóra do mesmo, circulaba por unha zona pavimentada e con sinalización horizontal e vertical”.

Nun momento do vídeo, relatan as mesmas fontes policiais, o acompañante “deixa caer parte do seu corpo cara ao exterior do vehículo e golpea coa súa man unha das balizas cilíndricas que dividen o carril de circulación que corresponde ao automóbil que el ocupa e o carril destinado ao sentido contrario, tras o que o vehículo continúa a marcha”.

O vehículo circula, apuntan as mesmas fontes, “sobre a liña branca continua que divide os carrís, ocupando parte de ambos, pasa, polo menos, sobre dúas balizas cilíndricas que apoian a división, continuando o acompañante en todo momento coa totalidade do corpo, excepto as pernas, no exterior do turismo“.

Con esas manobras, ademais de “pór en perigo a integridade física e a vida do acompañante”, subliña a Policía Local, “tamén se creou un grave perigo para a seguridade viaria“, ao circular “ocupando parte do carril destinado ao sentido contrario”, destacou.

Por iso, tras as pescudas realizadas, os axentes constaron que os feitos se produciron supostamente na tarde-noite do 8 de agosto nunha zona de aparcadoiro próxima á Avenida de Madrid. Tamén identificaron a matrícula do vehículo, polo que o seu condutor foi denunciado “por unha infracción moi grave” por “conducir de forma temeraria”.

As mesmas fontes policiais sinalaron que iso leva unha sanción de 500 euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir, “con independencia do expediente que se poida seguir polos danos causados á propiedade particular (as balizas) durante as manobras” do turismo.

ÚLTIMAS

Un motorista falece tras caer por un terraplén en Pedrafita do Cebreiro

Un motorista faleceu este venres tras precipitarse por un terraplén de 10 metros de...

PSdeG destaca 1.000 millóns en infraestruturas para Lugo

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomei, e a deputada...

Veciña de Begonte detida por furto de xoias continuado nun centro de maiores

A Garda Civil, no marco da operación Renur1, detivo a unha veciña da localidade...

A Rede Museística, referencia do Estado en educación e investigación nos museos

'Xornadas Internacionais sobre museos e educación. Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento...