InicioSociedadeAs familias das vítimas do crime do Cash Record barallan acudir ao...

As familias das vítimas do crime do Cash Record barallan acudir ao Tribunal de Dereitos Humanos, ao non ter aínda solución

Pese ao tempo pasado, o caso segue sen resolverse. Agora, foi a Audiencia Provincial de Lugo a que se fixo cargo do caso, cunha toma de declaracións o pasado día 7 de xaneiro que se viu agora interrompida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias das vítimas do dobre crime do Cash Record, ocorrido o 30 de abril de 1994 no polígono industrial do Ceao, estudan acudir ao Tribunal de Dereitos Humanos da Unión Europea para pedir xustiza para este caso. No suceso, do que proximamente se cumprirán 26 anos, faleceron dúas persoas, Elena López, caixeira deste establecemento; Esteban Carballedo, que desempeñaba os labores de reponedor.

Pese ao tempo pasado, o caso segue sen resolverse. Agora, foi a Audiencia Provincial de Lugo a que se fixo cargo do caso, cunha toma de declaracións o pasado día 7 de xaneiro que se viu agora interrompida. “En xaneiro fíxose unha toma de declaracións na Audiencia, e a finais de xaneiro ía haber outras declaracións que se suspenderon“, explicou a irmá de Elena López, Isabel López. Asegura que polo momento non sabe o motivo da suspensión.

Isabel López avisou de que, se non “obteñen resposta” sobre a suspensión destas declaracións buscarase unha resposta noutras instancias. “Como non nos dean contestación iremos a outras instancias a ver se os presionan un pouco”, indicou.

A irmá da falecida explica que unha das opcións que barallan é acudir ao Tribunal de Dereitos Humanos da Unión Europea. “Sempre o tivemos en mente, pero como vanche enganando no tempo, para deixar que pase o tempo, témolo presente”, indicou.

Isabel López informou, ademais, de traballan nos actos de reivindicación e homenaxe ás dúas vítimas e anticipa que se volverán “a manifestar a ver si nos dan algún tipo de resposta”. “Imos seguir mantendo o caso no recordo para que a eles non se lles esqueza”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo pide datos ao Goberno sobre accidentes de circulación debido ao estado das vías provinciais

O PP de Lugo enviou unha petición ao Goberno central para...

Multa de mil euros por atropelar unha persoa nun paso de peóns logo dun acordo antes do xuízo

O Tribunal de Instancia, sección Penal, praza 2, de Lugo condenou a un condutor,...

Romper barreiras de xénero, chamado da Deputación no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, inaugurou este mércores xunto á...

O centro social A Herdeira proxectará dous filmes sobre a recuperación de entroidos tradicionais

O centro social A Herdeira proxectará este xoves 12 a partir das 19h dous...