InicioCulturaO PP critica que Maite Ferreiro se "desentenda" da cobertura das baixas...

O PP critica que Maite Ferreiro se “desentenda” da cobertura das baixas na Escola de Música

A nacionalista defende que ese é un tema que debe ser abordado na Relación de Postos de Traballo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira do grupo municipal do PP en Lugo, Beatriz Vázquez, critica que a edil de Cultura, Maite Ferreiro (BNG), se “desentenda” das súas funcións á fronte da Escola Municipal de Música.

Vázquez aféalle á nacionalista o feito de ter asegurado na Comisión de Cultura que “a cobertura das baixas dos profesores non depende dela, senón que se debe corrixir na RPT (Relación de Postos de Traballo)”.

A concelleira do PP lamenta a “nula preocupación” de Ferreiro ante os problemas da Escola de Música e cre que, de seguir por este camiño, “será o alumando o que pague a súa falta de traballo, porque perderán todo o curso”

+ posts

ÚLTIMAS

Case nove de cada dez euros para concellos do PSOE e BNG: a denuncia do PP contra a Deputación de Lugo

O reparto dos fondos da Deputación de Lugo a través de convenios cos concellos...

Tomé, convocado por “erro” á xunta de portavoces provincial para asinar a declaración contra a violencia de xénero

A sinatura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da...

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...