InicioSociedadeDetectados 24 vehículos abandonados nas rúas de Lugo dende o pasado mes...

Detectados 24 vehículos abandonados nas rúas de Lugo dende o pasado mes de decembro

O Concello de Lugo continúa co plan para evitar o desleixamento de automóbiles en Lugo. Algúns deles presentan danos que imposibilitan o desprazamento polos seus propios medios e a maioría carecen de Seguro Obrigatorio, ademais de ter caducada a ITV.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local trasladou hoxe á alcaldesa de Lugo o balance das últimas actuacións desenvolvidas en materia de localización e denuncia de vehículos abandonados nas rúas da cidade. En total, dende o mes de decembro levantáronse 24 actas de infracción por este motivo.

O inspector da Xefatura da Policía Local comunicoulle á rexedora que os efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio e Axentes de Mobilidade detectaran vintecatro casos deste tipo: dezasete turismos e sete furgonetas. Algúns dos vehículos abandonados presentan danos que imposibilitan o desprazamento polos seus propios medios e a maioría carecen de Seguro Obrigatorio, ademais de ter caducada a ITV.

TRÁMITES PARA A RETIRADA DOS COCHES

As actas de infracción remitiranse agora ao órgano competente da Administración Local para que se instrúa o oportuno expediente e se ordene a retirada do vehículo, previo requirimento ao seu titular para advertirlle de que, de non proceder á mesma no prazo establecido, o coche será trasladado a un Centro Autorizado de Tratamento.

Estras tramitacións inícianse se se comproba que o vehículo permanece estacionado no mesmo lugar por un tempo superior a un mes, se presenta desperfectos que lle impiden traslardarse con autonomía, ou se carece das placas de matrícula.

A Policía Local continuará desenvolvendo de forma continuada esta campaña, iniciada xa durante o verán.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...