InicioSociedadeVÍDEO | Outro Nadal 'encerrados' en Intercentros

VÍDEO | Outro Nadal ‘encerrados’ en Intercentros

Cando os estudantes universitarios pensan nas vacacións de Nadal, saben que non son vacacións reais. O calendario de exames e de entregas de traballos obrígaos a pasar estas festas entre apuntamentos, no canto de poder desfrutar de tempo de lecer coa familia ou os amigos. En Lugo, a biblioteca Intercentros é o lugar de encontro para todos eles e elas, así que o LX foi ata alí para escoitar que pensan sobre esta "tradición".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Quedar en Intercentros é xa unha “tradición” asentada no Nadal dos universitarios lucenses. Esta biblioteca funciona como punto de encontro durante estas festas, que deixaron de ser unha etapa de vacacións para tornar nun período de estudo e preparación ante os exames de xaneiro. Ocorre así dende a implantación do Plan Bolonia, aló polo 2007, e as queixas do estudantado fanse escoitar.

A maior parte deles consideran que as vacacións deberan ser para descansar mais, tal como está organizado o calendario académico, iso non lles é posible. “Agás o día de Nadal, Noitevella e Aninovo… O resto de días veño aquí”, comentaba unha estudante. Ben é certo que a USC, por exemplo, ampliou recentemente o seu período de exames: antes concentrábanse todas as probas nas tres semanas seguintes a Reis; agora, as facultades poden programar exames finais a partir de mediados de decembro.

Así e todo, “os exames están mellor repartidos nunhas carreiras ca noutras”, comentaban. Persisten casos nos que os estudantes se enfrontan a cinco probas finais en xaneiro. Lamentan que iso lles reste tempo para pasar coa familia, “que é para o que son estas datas”. Tamén se ven limitados os momentos de lecer cos amigos, aínda que “Intercentros ¡acaba sendo un lugar de ocio”. “Ás veces isto parece case unha discoteca!”, ría un rapaz. “Lugo é unha cidade pequena, así que todos estamos aquí”, subliñaba outra.

Entre a disconformidade e a resignación, teñen claro que de momento “non queda máis remedio” ca aceptar esta nova “tradición” de Nadal:  “É o que toca!”

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...

O PP provincial acusa a Carmela López de manter “as imposicións” de Tomé sobre os traballadores de Tragsa

Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade...

A Xunta nega “colapso” no HULA e atribúe a morte de dous pacientes a súa situación “moi delicada”

A área sanitaria de Lugo desmentiu que o servizo de urxencias do Hospital Universitario...