InicioCulturaCrónica das primeiras horas do Arde Lucus MMXVIII

Crónica das primeiras horas do Arde Lucus MMXVIII

As asociacións históricas protagonizan o comezo deste festexo – Desfruta en imaxes do Arde Lucus 2018

PUBLICADA O

- Advertisement -

Entre curiosos chega a comitiva. Aínda é cedo, os lucenses aínda están coa comida, outros apurando a xornada laboral do venres. A comparsa outorga solemnidade ao paso das autoridades, que inauguran o Macellum logo de que a garda preotoriana abrira as portas da cidade. Con ritmo marcial, completan a Praza Maior e marchan ao encontro coas asociacións que ultiman a preparación no gran campamento que é o parque de Rosalía de Castro.

Macellum | Óscar Bernárdez

É tempo de reunión na Castra, de protagonismo para as asociacións que fan posible o Arde Lucus. Os responsables dos obradoiros saen sorprendidos pola rápida chegada da caravana, colocando os utensilios e tapando o que quedou sen colocar. Lugo ten que dar grazas por este tempo de paz, porque no forte hai poucos preparados para o combate. A Cohors X Urbanae segue cos preparativos mentres oferta acomodo á plana maior.

Primeiras horas do Arde Lucus 2018 | Óscar Bernárdez

Segue o movemento ao son das gaitas e a percusión, ata que comeza a reunión na casa do druída. As diferentes asociacións intercambian agasallos. Están todas as que están, que non todas as que son. Hai chanzas entre castrexos e romanos, celebración a carón do lume, un pastel e bebedizos para os sedentos. Chega a Cohors III Lucensium, xusto a tempo para facer o descanso.

Primeiras horas do Arde Lucus 2018 | Óscar Bernárdez

Están os senadores nun estudiado segundo plano. Gardan sempre a formación, malia seren a rama civil desta festa. Hai harmonía nos seus movementos, coma un enxame que flúe entre a multitude; non se mestura coa plebe. Mandarán unha delegación a recibir ás tropas na ponte vella, aínda que con orgullo reivindican que deben ser eles os recibidos. Marcharán cando desexen cara o Senado sito na Praza da Constitución, estea ou non o Caesar. É curiosa a sintonía deste grupo, xa que antes de ocupar os seus cargos non se coñecían entre eles.

Primeiras horas do Arde Lucus 2018 | Óscar Bernárdez

Queda por diante case todo. Cando acaben os rituais de gladiadores, os bautizos celtas e as ofrendas a deuses romanos, continúan a música e o teatro. Ás 21.30 horas será o acendido do lume sagrado de Vesta na Praza Maior. Media hora despois as asociacións coincidirán na Praza de Santa María para honrar a fundación da cidade, en colaboración co espazo de danza da Universidade de Santiago. Xa ás 23.30, o Harpastum na explanada do Pavillón, e a medianoite a saída do Murus Lucis na Praza Pío XII. A ver quen escribe a crónica de mañá.

ÚLTIMAS

O SLG alerta das xubilacións masivas en granxas e pide axudas para novas incorporacións e plans de mellora

Responsables do Sindicato Labrego Galego concentráronse este mércores en Lugo, diante do edificio da...

Traballadoras de residencias privadas mobilízanse en Lugo en demanda dun convenio digno

O persoal das residencias privadas de Galicia continúa coas súas mobilizacións en demanda dun...

O Concello de Lugo concede máis de 250 licenzas de obra en 2024 por máis de 100 millóns de euros

O Concello de Lugo tramitou en 2024 un total de 256 licenzas de obra,...

Investigan un veciño de Cervantes por vender sen autorización madeira dun monte comunal

Un veciño do municipio lugués de Cervantes figura como investigado pola Garda Civil por...