InicioCulturaPortas abertas na Tradescola, a escola de música tradicional de Lugo

Portas abertas na Tradescola, a escola de música tradicional de Lugo

Dende este mércores, a escola convida a coñecer o centro no que imparte formación instrumental, de canto e baile

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG) na cidade de Lugo, abrirá as súas portas para que todas as persoas interesadas en achegarse á música e o baile tradicional podan coñecer o centro, ver como se imparten as distintas aulas e falar co profesorado encargado das mesmas. A Tradescola está no Centro ‘Lug 2’, na rúa Pintor Corredoira número 4 de Lugo.

Un dos obxectivos da Tradescola é incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego nos distintos ámbitos da sociedade. A maiores das aulas que imparte a diario, realiza asiduamente numerosos actos como charlas, presentacións, concertos, ou xornadas que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional.

Estas actividades teñen lugar tanto na cidade de Lugo como no resto de comarcas da provincia, a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. O obxectivo é ofrecer formación complementaria ao profesorado das asociacións da bisbarra, ao seu alumnado, así como a todas as persoas interesadas na música tradicional. Tradescola foi fundada en 2008.

 

Os días e horarios de portas abertas son os seguintes:

13 xuño  ( de 17.00 a 22.00 horas) – Gaita (adultos)

18 xuño ( de 17.00 a 21.00 horas ) – Canto tradicional

19 xuño

  •         (nen@s )

–          (de 17.00 a 19.00 horas) – Gaita, Percusión, Canto tradicional, Baile, Acordeón, Requinta

  •         (adult@s)

–          (de 16.00 a 17.00 horas) – Acordeón

–          (de 19.00 a 21.00 horas) – Percusión, Canto tradicional, Pandeiro, Baile tradicional

–          (de 20.00 a 22.00 horas) – Linguaxe Musical

25 xuño (de 17.00 a 21.00 horas) – Zanfona

UNHA ASOCIACIÓN CREADA PARA A PROMOCIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL

A Asociación de Gaiteiras Galegas conta neste momento con case 800 asociados e asociadas distribuídas por todas as comarcas galegas e nas zonas estremeiras.

A través dos seus asociados a AGG ten presenza na maior parte das asociacións e colectivos culturais que desenvolven actividades en torno á música tradicional no país. A AGG é a entidade asociativa máis representativa e con maior peso específico no tocante á música tradicional en Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12...