InicioPolíticaO BNG municipal quere "poñer a funcionar" o Concello

O BNG municipal quere “poñer a funcionar” o Concello

Rubén Arroxo, que pasa a ser tenente de alcalde, aposta por un "goberno de cambio" e por "recuperar o orgullo" de ser deste municipio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo vén de constituírse oficialmente este mesmo martes 2 de xullo. O que pasa a ser tenente alcalde do Concello, Rubén Arroxo (BNG), aproveitou para deixar claras as intencións do grupo que lidera: queren “que o Concello se poña a funcionar”.

As concelleiras e concelleiros do BNG incorporáronse hoxe aos labores de goberno municipal, segundo o decreto de adscrición de competencias que se asinou e que lle designa a cada un dos cinco edís electos unha responsabilidade. Nesta data, Rubén Arroxo lembrou o compromiso que manteñen coa cidadanía logo dos comicios do 26 de maio. “O BNG temos a obriga de cumprir o mandato que nos deron os veciños; unha obriga que é a de crear un goberno de cambio que leve adiante a solución a todos eses problemas dos que se leva falando tanto tempo”, aclarou.

Incidiu, tamén, na necesidade de “recuperar o orgullo de ser do Concello de Lugo” e, especialmente, no que fixan como o seu principal obxectivo: “que se poña este concello a funcionar”, logo de pasar “tanto tempo” nunha situación “moi mellorable”.

As persoas do BNG que pasan a formar parte do goberno municipal son: Felipe Rivas, concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento; Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza; Alexandre Penas, edil de infraestruturas; Maite Ferreiro, responsable de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua; e o propio Rubén Arroxo, tenente de alcalde e responsable da Área de Infraestruturas e Mobilidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...