InicioSucesosPillan un condutor a 187 km/h nunha furgoneta coa velocidade limitada a...

Pillan un condutor a 187 km/h nunha furgoneta coa velocidade limitada a 90 en Guntín

O mozo, de 24 anos, será posto a disposición xudicial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou un condutor que circulaba a 187 quilómetros por hora nunha furgoneta que ten limitada a velocidade a 90 no municipio de Guntín.

Segundo informou a Garda Civil, ás 12,54 horas deste pasado xoves foi detectado o condutor no quilómetro 18,400 da autovía A-54 (Lugo-Santiago), sentido crecente, no termo municipal de Guntín.

As mesmas fontes concretaron que se trata dun delito contra a seguridade viaria ao ser detectada unha furgoneta que circulaba a 187 km/h, a pesar de estar limitada a velocidade a 90 Km/h en virtude da súa categoría.

Por iso, indicaron as mesmas fontes, procedeuse á investigación do seu condutor, un cidadán de 24 anos de idade sen domicilio en España, que será posto a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...